Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo

LegaleónT: O silencio das Xigulas

No ano 1999 LegaleónT chegaba á Nasa desde Irún para presentar en Galicia a súa particular adaptación escénica dos textos de Antón Reixa. O silencio das Xigulas configúrase como unha complexa partitura de xestos, palabras e accións executada por dous actores e unha actriz.

Insertar

LegaleónT: O silencio das Xigulas (e 4)

LegaleónT veu por primeira vez á Nasa en 1999 con esta peza orixinada a partir dun texto de Antón Reixa. Viñan de Irún e aínda virían máis veces, as últimas xa como L'Alakran, a versión suiza da compañía orixinal, convertíndose nun dos nosos grupos de referencia.

O espectáculo comeza cunha gravación que di: "A propósito dun retrato que Xurxo Fernández lle fixo a Hanna Schygulla pero sobre se lle tiramos unha foto a un cadavre e sae movida ¿Quén ten a culpa? ¿O fotógrafo ou o cadavre?" Mentras se escoitan as respostas deixadas por diferentes persoas nun contestador automático, un tipo caracterizado ao Buster Keaton coloca varias copias dunha foto de Hanna Schygulla. Despois saen outros dous persoanxes e comeza unha acción de difícil descrición: os dous actores entreganse á execución dunha complexa partitura de xesto-palabra-acción, dividida en cinco partes (que corresponden cos cinco cambios de vestiario dos actores), e atravesada por numerosas interrupcións, tanto do terceiro personaxe, como dos mesmos actores que de súpeto incorporan novos personaxes nun inusual procedemento de teatro dentro do teatro...

En escena: Espe López, Patxi Pérez y Javier Molina. Dirección: Oskar Gómez Mata.