Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo

John Balan na Nasa

No 2002 o cómico John Balan actuaba nunha antoloxía da Ultranoite que se fixo para celebrar os primeiros 10 anos de actividade da Sala Nasa. Na súa actuación fixo un repaso do que era o seu imaxinario en escena: esa peculiar maneira de presentarse, algunhas cancións, boleros, pasodobres, co único acompañamento da súa voz adpatándose a calquera son, e, por suposto, unha das súas películas máis características.

Insertar

John Balan na Nasa (2002): el callejón de las vírgenes despistadas

John Balan presenta unha das súas películas clásicas: El callejón de las vírgenes despistadas. É posible que a lembredes con outro título, mesmo el non sempre lembraba o título con exactitude. Pero as frases lapidarias, o sinsentido do estereotipo de xénero levado ao extremo ("lo siento amigo, vaya a meter sus narices en los agujeros a outra parte", "escúchame cariño, durante el tiempo que no te he visto estás cmo nunca"), o tono e esas pausas irrepetibles son algunhas das aportacións de Balan a un novo tipo de cómico curtido nas tascas e con dereito a triunfar en Broadway.