Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo

Rock galego na Nasa

Polo escenario da Nasa non pasou todo o mundo, pero si boa parte dos que fuxían del. Facendo historia a través do seu arquivo podemos atopar moitos dos grupos máis influíntes do rock galego dos noventa: o hardcore, o metal, os concertos de Rock Parrulo, o Bravú, os ciclos de Redenasa.son. Recompilamos unha serie de gravacións para recordar tempos pasados, imaxinar tempos futuros e recordar a Sala Nasa e o seu labor como pantalán da cultura galega máis viva.

  • Anterior
  • Seguinte
Insertar

Nicho Varullo

Hoxe traemos de volta, directamente dende o ano 93, un concerto de Nicho Varullo. Postpunk feito en Compostela, a banda na que coincidiron Carlos Santiago, Pepe Sendón, Fran Pérez e Antonio Pérez a finais dos oitenta. Un grupo cunha personalidade curtida en decenas de escenarios e garitos, que chegou a editar un mítico disco de vinilo titulado simplemente Nicho Varullo (Spectra, 1991), con deseño en cartón de Fausto Isorna. Aínda resoan nas galerías máis profundas do subsolo de Compostela cancións como En tu látigo, Llegó el Polaco ou Casco Vello.