Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Comentarios

Inés, tripulante 27: Pois algo me cheiraba xa... E aínda que como tripulante lamento o peche, enténdoo e admírovos máis se cabe pola decisión.
Fuco, tripulante nº 18, mándanos esta mensaxe: Ánimo, e por suposto eu quero que siga a NASA. Sería unha mágoa que pechara.
Ola Borja, a Nasa pide as axudas do Ministerio de Cultura desde hai 15 anos e aproximadamente desde o ano 2001 vímolas recibindo con regularidade, pero por desgracia o apoio do Ministerio ás salas da periferia é moi reducido, concentrándose as axudas máis importantes en Madrid e Barcelona. As axudas que recibe a Nasa do MInisterios van entre 6.000€ e 11.000€. E a NAsa ten unha programación de compañías de fóra de Galicia bastante importante, unhas 20-25 funcións de teatro e danza ao ano.
Marga Alborés, tripulante veterana da Nasa, mándanos esta reflexión (dedicádelle uns minutiños):
Xa lle escoitei dicir ao sr. Alcalde q vai gobernar para todos. Pois ben, ou empeza incumplindo as suas promesas electorais ou continua co acoso e derribo da Nasa.

De paso, destrue un montón de postos de traballo mentres continua afirmando q creará emprego.
De todas todas, antes de empezar o seu mandato, xa se está pasando as promesas electorais polo forro .
Seguramente incumplirá o resto das proclamas, pero o de desmontar a Nasa non se lle vai esquecer.
Porque no seu afán de orientar a actividade de Raxoi cara os servicios sociais, considera indignante que o concello de Santiago aporta a mesma cantidade de cartos á Nasa que á cociña económica.
Claro que ao eliminar as subvencións á cultura, a xente da farándula volverá á cociña económica coma nos vellos tempos, e de novo compartirán mesa, artistas, maleantes e xentes de mal vivir.
Incrementarase o número de comensais, pero ao ter subvención doble non han de faltar lentellas.
Outra contraditio do sr alcalde! Primeiro dí que non vos vai dar un peso e despois págavos a comida.
E non contento con manter a todo dios, vai facer tamén moita guardería, asilos, centros de dia , asistencia domiciliaria….
Asi q de min a vos, iría pechando e facendo os papeis de indixentes para disfrutar da estupenda infraestutura de servicios.
E despois a cultivar as vosas artes que tampouco sacábades moito máis co chiringo aberto!
Hai quen di que é mellor dar unha cana de pescar que dar peixe, .
Pero el non debe ser desa opinión cando se carga a nasa coa que aprendeo a pescar xente coma Luis Toxar, por exemplo.
Unha nasa que durante mais de 15 anos, alimentou literal e artísticamente a actores, músicos, magos, técnicos, camareiros, administrativos, xestores culturais, tramollistas, carpinteiros, albaneis, limpeza,, e un longo etcétera.
Unha nasa que rescatou do fondo do océano maravillas que ainda ninguén vira , promesas que despois foron, tesouros que fascinaron ao mundo.
Eu vin como facía emerxer da planicie mariña, fantásticas escenas que representaban a nosa vida, castelos que acollen aos que non son de ningures e ardoras que nos fixeron relucir na noite.
Que non teremos visto na Nasa?
Penso que deberíamos facer un esforzo en configurar unha historia da Nasa , un documento no que quede testimuña de todo o que aí pasou, de todo o que aí naceu e medrou, dos patitos feos que se volven cisnes, do desentumecemento da cultura galega, da evolución artística deste país, de vanguardias e retaguardias , de viveiros e mausoleos de…
Se se mostra a aportación que a Nasa fixo á vida cultural da cidade e ao desenrolo artístico de Galicia, non creo que ninguén poda dicir que lle saira caro ás arcas públicas .
E comparando o resultado da actividade da Nasa co de outros proxectos culturais subvencionados ao longo destos 16 anos, penso que non hai ningún que teña influido tanto nas principais figuras da escena galega de hoxe en día.
A Nasa abriu portas, forxou aceiros, alentou lumes, rachou moldes, creou mundos,
expandíu inxenio, inventou maneiras, comunicouse co mundo e o mundo respondeulle, e no tempo eterno de Compostela marcou a hora do noso reloxio.
Todo esto debe ser mostrado.
E cando o documental magnífico consiga mil premios, igual vén o conde ese con cara de pelillos a la mar a ofrecervos o hospital vello para montar a Nasa nova.
E aí si que lle vería eu sentido a iso das axudas ás asociacions socio-sanitarias que promete no seu programa.
Veña! Hai que facer un gran dossier do tempo Nasa.
Estas foron algunhas das últimas declaracións do novo alcalde, hai unha semana, reafirmándose na súa intención de retirar toda axuda á sala Nasa: http://www.xornal.com/artigo/2011/05/11/politica/conde-roa-volve-vincular-sala-nasa-co-terrorismo/2011051110391800867.html

Aquí fala de homenaxes a "etarras que fixeron atentados en Santiago" (sic), simplemente un delirio e unha mentira descomunal que os medios nin se preocupan en contrastar, todo vale:
http://www.radioobradoiro.com/portada/ro/conde-roa-aboga-reorientar-politicas-raxoi-servicios-sociales/idEdicion-2011-05-17/idNoticia-668645/

Etc. etc.