Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Comentarios

O 28, 29 e 30 de outubro Citizen preséntase en versión íntegra en Temporada Alta Festival de Tardor de Catalunya, compartindo cartel con Bieito, Rígola, Veronesse, Lupa, Korsunovas, Fabre, Liddell, Peeping Tom e moitos máis.
Gena, actriz e tripu 69: Sinceiramente quedeime planchada co voso mail, ben sei o dificil que é manter un proxecto coma este, o cansanzo, a loita continua e case segreda que é levar unha sala pero eu despois de tantos anos non dubido en identificarvos como os poucos heroes resistentes e invencibles desa outra cultura, disque alternativa, e resulta imposible imaxinar Compostela sen a Nasa. Sentiría moito que se perdera un espazo único onde ver outro tipo de cultura escénica pero quizais ainda sexa posible atopar unha solución, non credes?
A Óscar: o local da Nasa non é noso, por desgracia, intentámolo pero non o conseguimos mercar, segue sendo dos mesmos propietarios. Cando o alugamos en 1992, como ben sabes, era unha ruina total e todas as reformas feitas desde entón fixémolas e pagámolas nós.
María, compañeira de profesión: Non damos credito ao acontecido o domingo. Que ben funciona a manipulación nun caldo de medo e ignorancia. Faremos todo o posible por vir a reunión do sábado 11.
Desde o elefante vos mandamos unha aperta enorme de gratitude e cariño, e sobre todo, moito, moito coraxe para atopar vias alternativas e poder seguir traballando
Raquel, tripu 51: Nom sei se é a maneira mais oportuna de responder esta carta, mas só queria dizer-lhe à comandáncia e a toda a gente da NASA que entendo perfeitamente a súa postura. A vitória de Conde Roa fai que a esperança no ser humano seja pequena, polo menos nos seres humanos votantes, ou algo assim. Esta situaçom foi de verdadeira tristeza para todos.
E maior tristeza é saber que a NASA fecha, só queria transmitir que foi um grande prazer e um grande orgulho compartir o projecto como tripulante, como espectadora, como alguém que passava por aí. Obrigadíssima polo vosso trabalho, muita cousa boa para todos saiu dele.
Cileo, tripu 41: Que pena me da recibir este mail; pero creo" que nunca choveu que non escampara "; e por iso que co apoyo de toda a tripu e de todos os asistentes a NASA volveremos facer presión e sairemos moi victoriosos ,Iso esta asegurado porque o mellor; hai cornamentas que non quere o señor FUTURO ALCALDE que saian a luz.ANIMO PARA TODOS NOS
Nerea, tripu 89: Creo que non hai palabras que poidan expresar o baleiro que sentimos só ao pensar na posibilidade de que deixen de existir a NASA e todo o que a NASA conleva e simboliza. Cando, de feito, desapareza, teremos que enfrontarnos en carne, en óso e en espírito a esa nova realidade... a todo o que esa nova realidade vai simbolizar e conlevar. Nestes casos, mellor adiar.
María, tripu 83: recibo a vosa carta con moita tristeza e estraño dende xa a sala e todo o que nela vivín, pero entendo todo o que escribides. Agardo con ansia que das cinzas dese magnífico proxecto que a Nasa é, e que tanto marcou, no meu caso, a concepción de espectador e de cultura que teño a día de hoxe, naza algo que nos leve sempre máis alá.