Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Licenzas

Vídeos e imaxes

Os vídeos e as imaxes publicadas nesta web son propiedade dos seus autores/as (cadaquén o seu).

Os vídeos e as imaxes publicadas pola Rede Nasa están liberados con licenza Creative Commons by-nc-sa. Iso quere dicir que podes empregar os vídeos e as imaxes como queiras, sempre que digas de onde sacas o material, que non tires beneficio económico del, e que o produto resultante teña a mesma licenza. E outro tanto pasa cos textos da web.

Os usuarios e usuarias diferentes da Rede Nasa que publiquen contidos asumen que detentan a propiedade intelectual deses contidos. Os vídeos e as imaxes publicadas polos usuarios e usuarias da web serán tamén, e por defecto, liberadas coa mesma licenza Creative Commons by-nc-sa. Se alguén quere facer unha excepción a esta norma, pódese poñer en contacto coa Rede Nasa por correo electrónico (info@redenasa.tv).

Os vídeos procedentes de Youtube terán a licenza que se indique na páxina de orixe respectiva.

Se houbese materiais publicados con licenzas máis restritivas, faríase explícito para cada un deles.

A web

A web creouse empregando software libre. O código está realizado cos frameworks de php e CSS phpCan e cSans, respectivamente, que están liberados con licenza GNU Affero 3.

En canto se acade unha versión estable do código desta web, liberarase cunha licenza libre.