Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Colofón

Esta web é un produto de Rede Nasa, realizado inicialmente por A navalla suíza entre finais de 2009 e a primeira metade de 2010. Foi presentada o 25 de maio de 2010. A súa segunda versión, completamente renovada, foi traballada no primeiro trimestre de 2012, e publicada o 16 de maio dese ano. 

Tecnoloxía

No proceso de creación da web só se empregou software libre.

  • O servidor corre baixo Ubuntu 10.10 (Maverick Meerkat)
  • As páxinas son servidas por un Apache 2.2.16.
  • Os vídeos reprodúcense grazas ao estándar html5. Usamos o Flowplayer como reprodutor de vídeo alternativo (fallback) para os navegadores máis antigos, que non xestionan ben html5.
  • O sitio está construído co framework de PHP5 phpCan, e co framework de CSS cSans xunto co preprocesador styleCow. Estas ferramentas foron desenvolvidas pola Navalla suíza.
  • Para a interactividade usouse o framework jQuery xunto con diversos plugins: Masonry para o layout, jMapping para os mapas de Google, $media para a interactividade cos vídeos, jQueryUI para determinados widgets, Sharrre para compartir en redes sociais, etc.

Deseño

O logotipo da Rede Nasa é unha creación da Navalla suíza. A tipografía usada nel é a Ubuntu, deseñada por Dalton Maag e financiada por Canonical para o sistema operativo Ubuntu. Emprégase a versión proporcionada por Google Web Fonts. Como tipografía complementaria para textos longos escolleuse a Droid Serif, deseñada por Steve Matteson en 2006.

As cores empregadas son o #002A40, #00AAFF e #FFC92F.