Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Publicidade

Queres anunciarte en Redenasa.tv?

Esta plataforma pode ser o espazo ideal para ti se tes un produto, un servizo ou calquera outra oferta dirixida un público interesado na música, o teatro, a danza, o vídeo, internet e a cultura en xeral. 

Durante o ano 2011, Redenasa.tv tivo 90.000 visitantes distintos, e superou as 250.000 páxinas vistas, un número que debería incrementarse coas melloras introducidas nesta nova versión. Esta audiencia é inferior a doutros medios xeralistas, pero está composta integramente por persoas vinculadas ao mundo da cultura, polo que podemos ser a túa opción se queres chegar a elas.

Estamos abertos a pequenos e grandes anunciantes e adaptamos o noso espazo e servizos ao teu orzamento.     

Contas coas seguintes opcións.

  • Publicidade en banners: Podes contratar un banner na portada polo período que prefiras, ben tipo faldón ou ben cadrada (o mesmo espazo que ocupa un post). Se non tes un deseñador a man para crear o banner, podémosche ofrecer tamén este servizo, aínda que se orzamentaría a parte.
  • Patronicio: Se o desexas, podes esponsorizar toda a nosa páxina. Nós farémolo constar inserindo a imaxe gráfica do teu negocio ou institución na portada. Tamén podes patrocinar só unha sección, por exemplo, a axenda, os enlatados ou as ultranoites. Neste caso, a imaxe que nos achegues asociaríase só a estas seccións.
  • Publicidade en vídeo: Podes emitir un spot, que se reproducirá antes do comezo de cada vídeo. Neste caso tes varias opcións: podes elixir entre vincular a publicidade a todas as nosas pezas, só a algunhas en concreto, ás categorías que ti elixas (música, teatro, cabaré…) ou mesmo a un artista determinado. Se aínda non contas cun spot ou vídeo promocional, podemos asumir nós a súa realización. Este servizo orzamentaríase a parte en función das túas necesidades.

E ademais, servizos de marketing online.

Contratar unha retransmisión en streaming pode ser unha boa opción, se estreas un espectáculo ou se vas facer un acto de presentación para algún tipo de produto de carácter cultural. Nós encargámonos da retransmisión do espectáculo en tempo real, de promocionalo nas redes sociais e de dalo a coñecer entre as persoas máis relevantes. Ademais, entregámosche a gravación unha vez que remate.

Tamén podes contratar un servizo completo de promoción dun espectáculo ou evento cultural. Neste caso, ademais de inserir banners ou a túa imaxe gráfica, podémonos encargar da realización de vídeos promocionais, retransmisións en streaming, dinamización do teu público a través das redes sociais e elaboración de entrevistas e reportaxes en vídeo relacionados co teu espectáculo.

Os prezos destes servizos poden variar dependendo das túas necesidades e das características específicas do teu proxecto. Para máis información, chámanos ou escríbenos e darémosche un orzamento detallado.

Pódeste por en contacto con nós no correo comunicación@redenasa.tv ou no teléfono 66554218.