Ruxe Ruxe é outro dos grupos habituais da Nasa. Teñen tocado na sala moitas veces ao longo dos últimos anos, a última, xunto con Medomedá, o mes de novembro pasado presentando o seu traballo Na Fura de Diante. Desta vez aproveitamos para falar un pouquiño con eles e co seu público, entusiasta onde os haxa.
Rock galego na Nasa
Polo escenario da Nasa non pasou todo o mundo, pero si boa parte dos que fuxían del. Facendo historia a través do seu arquivo podemos atopar moitos dos grupos máis influíntes do rock galego dos noventa: o hardcore, o metal, os concertos de Rock Parrulo, o Bravú, os ciclos de Redenasa.son. Recompilamos unha serie de gravacións para recordar tempos pasados, imaxinar tempos futuros e recordar a Sala Nasa e o seu labor como pantalán da cultura galega máis viva.