Moitos dos grupos que naceron en Galicia nos anos 90 (e eran unha chea) tocaron, nun momento ou noutro, na Sala Nasa, e nós rescatamos as gravacións dalgúns destes concertos para este especial sobre Rock Galego dos 90. Os do vídeo de portada son os Túzaros, que no ano 1995 telonearon a Mano Negra. Nacidos no barrio de San Lázaro, en Santiago, os Túzaros comezaron a tocar en Rock Parrulo, e acabaron por se converter nun dos grupos galegos con máis proxección da década pasada.
Rock galego na Nasa
Polo escenario da Nasa non pasou todo o mundo, pero si boa parte dos que fuxían del. Facendo historia a través do seu arquivo podemos atopar moitos dos grupos máis influíntes do rock galego dos noventa: o hardcore, o metal, os concertos de Rock Parrulo, o Bravú, os ciclos de Redenasa.son. Recompilamos unha serie de gravacións para recordar tempos pasados, imaxinar tempos futuros e recordar a Sala Nasa e o seu labor como pantalán da cultura galega máis viva.
Túzaros
Gústalle(s) a 2 persoas
1 comentarios
Fai login ou rexístrate para poder comentar
Bocixa:
ostia...o tempo que fai disto!! Mirade o mario,,,,jejeje