Rock galego na Nasa
Polo escenario da Nasa non pasou todo o mundo, pero si boa parte dos que fuxían del. Facendo historia a través do seu arquivo podemos atopar moitos dos grupos máis influíntes do rock galego dos noventa: o hardcore, o metal, os concertos de Rock Parrulo, o Bravú, os ciclos de Redenasa.son. Recompilamos unha serie de gravacións para recordar tempos pasados, imaxinar tempos futuros e recordar a Sala Nasa e o seu labor como pantalán da cultura galega máis viva.
D'instinto no Rock Parrulo
D'instinto é un dos grupos composteláns que se deu a coñecer na época do Rock Parrulo, esta gravación é do ano 1995. Despois seguirían insistindo en directo, prolongando a vida do grupo ata actualidade, cun show que mestura o rock cunha posta en escena ambientada no xénero de terror.
Gústalle(s) a 1 persoas

4 comentarios
Fai login ou rexístrate para poder comentar

cabezas:
que bueno verse pasados 20 años....gracias nasa por este regalo

camilo castro carreira:
e a xron so dicirlle manda truco que paciencia tiñades jajajajajajaj

camilo castro carreira:
pois si como guitarrista de ese grupo e un gustazo pasados tantos anos poder estar ahi na nasa que tantas tardes nos fixo poñernos as pilas e que nos dou a oportunidade de grabar aquel single que hoxe en dia adorna o que e o meu estudio de grabacion e sobre todo o trato que sempre a nasa nos dou do que deberian aprender moitos facendo amistad como a de fran perez narf que estivo colaborando no que vai ser o proximo disco do grupo actual midiam , ademais diso so dicir que ainda teño o cardenal parrulo.

xron:
Aquelas tarimas debaixo da batería...! Pesaban unha tonelada pero valían para todo