Rede Nasa
Amores Prohibidos 2.0
Como sería Romeo e Xulieta se os protagonistas fosen uns rapaces que viven en Boiro no 2012? Poderían vivir o seu amor co conflito lingüístico de fondo? É posible facer unha obra de teatro sen escenario, usando soamente a web e as redes sociais? Amores Prohibidos 2.0 tentou responder estas preguntas e poñer en escena un clásico actualizado ao soporte dixital. Aquí podes ver o que aconteceu na vida de Romero e Xiana do 23 ao 27 de abril, seguir as conversas e as interaccións cos personaxes. Saber máis.
En escena
Día 2: martes
-
Xespir:
A festa xa rematou e foi un éxito, pero creo que non o vistes todo. Logo de ver que Romero non lle quitaba ollo a Xiana co baile de "Tola atrás de ti", os meus espías seguiron a Xiana ata os servicios da Pousada das Ánimas e puideron gravar o que alí aconteceu...
-
Xespir:Por se aínda non vos decatastes, os comentarios de Xespir són unha especie de "á parte" para o públicio. Os personaxes desta historia para o caso non ven o que digo. E menos mal, porque como os colegas de Romero o vexan falar en galego, e os de Xiana os vexan falar con el... Mellor deixémolo de momento entre Romero, Xiana, vós e mais eu, OK?
-
-
Xiana:
Jooooo que guai estivo a festa!!! Aínda non podo crer que viñeran os actores da miña serie favorita, e un dos meus músicos favoritos... Estou aínda nunha nube, flipando. Ghrasias, Ana, é incrible o que fixestes e hai que ver que ben te relasionas dende que andas por Santiago... ;) E o baile, impreionante! En serio, foi o mellor cumple da miña vida, e todo ghrasias a ti. QUÉROCHEEEE!!!! ♥♥♥♥♥♥
Baldo, primo, es o mellor dillei do mundo. A festa non vai parar, claro que non! :)) ♥♥♥♥♥♥
E ao resto que viñestes, moitas ghrasias poir apoiardes a festa polo galego. Mesmo aos que viñestes incordiar, estou segura que antes ou despois acabaredes falando ghalegho, aínda que só sexa para lighar... vai unha aposta? ;)
♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥
Son felís!
-
Ana:Non foi nin a metade do que te mereces. Ademáis, xa vin que "crecidiños" (en todo-los sentidos) estaban os do castelán. Non sei como os aguantas, miña filla...
-
Baldo:Curmá, ti meréselo todo... que pasada de festa, si. Pero como volva ver o Mejuto e a aljún dos seus colejas diante pártolle a alma. Se tanto desprecian o jallejo que fajan festas do castellano e que non veñan tocar os juevos á nosa. Ai que me ensendo...
-
-
Romero:
Pues al final no estuvo mal la fiesta de los del gallego, vinieron los de Matalobos y todo! Y Toñito de Poy!!!
-
Romero:Si... bueno, voy al Tuenti a ver si ya pusieron fotos de la fiesta... quiero ver al Mejuto dando la nota.
-
Xiana:Pois Toñito de Poi é moi bo músico tamén, xa vistes.
-
Romero:Me molaría si pusiérais buena música y no tanta en gallego...
-
Xiana:Ti por aquí? Entón molouche a festa ehhh :D
-
-
Baldo:
Que ninjén volva disir que non temos capasidá pra encher unha festa pola jallejo. Pasámolo en jrande. Jrasias a toda a xente que mandou cnasións, non deu tempo a poñelas todas pero é que non tiñamos toda a noite que hoxe é luns e mañá... Anter de ir durmir déixovos unha que me pasou me pai a última hora. É unha xoia!! Ides flipar! Sobre todo ti, Xiana! Ala a durmir :DDDD
-
Xiana:Tou flipando Baldo, de verdade!! Non o sabes ti ben! Que temaso! De onde o sacaches? De onde o sacou teu pai?? Jacinta, dous estranos van... Qué buenooo! Ata mañá, irmán. :))))))))))))
-
-
Xespir:
Dinme os meus informantes que Romero e Xiana continuaron a conversa nun lugar máis íntimo: o chat do Tuenti. O proceloso mundo das redes sociais permite que os futuros amantes se poidan agachar no último recanto que lles queda de privacidade. Menos mal que este vello narrador é omnisciente, e que existe CachadaLeaks para filtrar a transcrición do chat que, antes de deitarse, tiveron Xiana e Romero...
Velaquí o famoso chat do balcón.
-
Xespir:
Bos días. A primeira xornada de Amores Prohibidos transcorreu, como era de esperar, con moitas incidencias. Ponte ao día sen demora porque a segunda está a piques de empezar.
Xespir
-
Xiana:
Estou en clase de tecnoloxía, por fin puiden conectarme!
Onte coa emosión esqueseume poñervos este vídeo do que para min foi o mellor momento da festa: cando cheghou Tonhito de Poi. Tamén me daba un pouco de verghonsa ensinárvolo porque saio chorando como unha parva... Pero grasiñas a Sara por ghravalo, para min é un recordo que ghardarei sempre. E a Tonhito... non teño palabras. Lástima que xa marcharan algunhas das miñas amighas cando cheghou. Pero aí o tendes, non o soñei.
Eu quero estar namorada de vosé! Viva o amor!!!
-
Ana:Eu a pouco máis nin o dou presentado... Foi realmente xenial. :D
-
-
Baldo:
Creo que me vou meter a dillei profesional, coma Kiko Rivera pero en jallejo. E lojo non? xD
Aquí as cansións que me mandastes. Púxenas todas!
Que sija a festa!
-
Ana:
Onte os do castelán pasárono ben na festa, vamos, que nin se atrevan a reprocharmo.
— Ana Riveiro Blanco (@AnaCabo93) abril 24, 2012 -
Baldo:
Tamén penso unha cousa, e así volo dijo. Se cadra faser festas non cheja para loitar para protexer a nosa lingua. Aínda hai moita xente que nos ataca por falar jallejo e defender o que é noso. Cando máis penso en Mejuto e a súa pandilla máis radical me volvo. Levo toda a mañá barrenando en que se pode faser. Non credes que debemos faser aljo máis contundente? Aljo para que todo Boiro saiba que estamos orjullosos do jallejo... Ideas?
-
Baldo:Non sei onde está a fronteira entre a contundensia e a creatividade, Berta. Pero eu hoxe estou máis do lado de pejarlle con forsa ás consiensias que de perdernos en creasións. Somos fortes e terémolo que demostrar pra que se enteren, non che parese?
-
-
Mejuto:
Vaya mierda de fiesta del gallego ayer, hasta los de Matalobos se aburrieron, menos mal que estuvimos de copas con ellos toda la noche... Mateo Veloso y yo somos uña y carne!
-
Baldo:Que saberás ti de Manolo e máis Ricardo se o único que fixeches foi andarlles detrás para roubarlles un vídeo. Eles falaron claro e ti dabas peniña, rapás.
-
Romero:Que dices tío si a las 12 ya estabas conectado en el Tuenti... serás fantasma. xD
-
-
Romero:
Hoy volví a llegar tarde a clase, esta vez porque Mejuto se empeñó en ir a la fiesta del gallego... después enredé en el Tuenti y no pude dormir hasta las tantas. Pero hoy paso de siesta que quiero ir a dar una vuelta con mi nuevo amor... Os la presento. ;)
-
Rossi:Boh, si tampoco llueve tanto! Más te vale estrenarla conmigo Romerito...
-
Romero:Esto... Otro día, Rossi, que dicen que va a llover esta tarde. Mejor me quedo en casa que tengo que estudiar.
-
Rossi:Yo prefiero compartir contigo tu nuevo amor que tus tuentis :D
-
-
Nai de Xiana:
Ola ola... probando a ver como vai isto.
— Belén González (@gonzlez_beln) abril 24, 2012-
Xiana:Jajajaja, flipo, miña nai con twitter! Se nin sequera o teño eu... xD
-
-
Xiana:
Para selebrar os meus 15 anos meus pais trouxéronme comer ao Miramar. Como me ghusta este sitio! E tamén me fixeron reghalos... ♥♥♥
-
Xiana:
Miña nai fixo as fotos co teléfono novo que ten. :)
-
-
Nai de Xiana:
No cumpreanos da miña filla Xiana. 15 anos non se fan todos os días! Aquí están os meus amores. Como pasa o tempo... twitter.com/gonzlez_beln/s…
— Belén González (@gonzlez_beln) abril 24, 2012 -
Romero:
Ciclogénesis explosiva? Explosivo mi tubo de escape! xD Venga, voy a dar una vuelta, ni que fuera el primer temporal que tenemos por aquí...
-
Nai de Xiana:
Esta miña filla moito conto ten. En canto lle demos o regalo marchou correndo, veuna buscar un rapaz en moto... e de Cabo da Crus non é.
— Belén González (@gonzlez_beln) abril 24, 2012 -
Ana:
Bueno... volta á gran cidade. Volta a Santiago.
— Ana Riveiro Blanco (@AnaCabo93) April 24, 2012-
Ana:Ti non estás conforme con nada, Mejuto. Métete nos teus asuntos.
-
Mejuto:¿Santiago "gran cidade"?. Ay que me va mal! xDDDDDD
-
-
Rossi:
Si es que estaba clarísimo! Me acaba de pasar una colega unas fotos de Romero ahora por la tarde con una tía que como sea la que yo pienso...
-
Rossi:
Todavía no sé si publicarla. Voy al tuenti, que está Romero allí poniendo más fotos, a ver si los cacho.
-
-
Romero:
Ser o no ser... La vida está llena de dilemas... y no digo más.
-
Mejuto:Donde te metes tio? Llevo preguntando por ti toda la tarde. Y eso de los dilemas de que va, nosotros siempre lo tuvimos claro: somos del Dépor y del Madrid. Estás viendo el partido del Barça? Puto Messi, sin él no serían nada...
-
Xespir:Creo que te confundes de obra, amigo.
-
-
Baldo:
Convocouse de urxensia unha asemblea da A.C. Arrobalisa para ver cales son as seguinte asións a emprender na nosa loita en defensa do galego (e do jallejo). Quedamos na Pousada en media hora... Isto tamén vai por Xiana, que non sei onde anda metida (nin con quen).
-
Mejuto:Voy aprovechar el descanso del partido para dejarte un recado, Baldito: estás más sólo que el punto de penalty!! jajaja
-
-
Xiana:
Xa estou na casa, miña nai está un pouco mosqueada porque é tarde, e ademais veño pingando pola choiva... Pero dame ighual, aínda non baixei da nube de onte. Subín aínda máis se cabe. Por serto, o véxovos moi pouco atentos ao xogho que vos propuxen. Queredes saber con quen estiven?? Pois si, confésoo, fun dar unha volta en moto cun vello amigho de Ribeira que se chama Jonathan París...
-
Ana:Creo que despois disto de Jonathan (!) imos ter que falar un cachiño, nooon?
-
Baldo:
Jonathan que?? Xia, faltaches á asemblea, xa che vale. Mandeiche un mail contándoche o que falamos.
-