Rede Nasa

Combina los criterios de búsqueda para encontrar el material que estás buscando


Vídeo
Insertar

#Chévere3_0 Pequenas historias para contar grandes momentos: Carme

Este ano cumprimos tres décadas! Para facer memoria do que foi Chévere ao longo destes anos, cedemos a palabra a quen mellor pode facelo: o público. Persoas de varias xeracións falan da súa relación con Chévere, lembran como coñeceron ao grupo, que sentiron ao ver algunhas das obras, que relación teñen coas súas vidas...

Carme ten 14 anos, xa é unha experimentada espectadora de Chévere e cóntanos como as súas obras entraron a formar parte da súa vida. Cando as tres xeracións de mulleres da súa familia foron xuntas a ver As Fillas Bravas descubriu cousas da súa avoa que non coñecía. Cando foi ver Eroski Paraíso coas súas amigas quedaron falando da obra ata a madrugada. Cando os seus pais lle agasallaron polo seu último aniversario entradas para ver Chevereografías decubriu outro xeito de experimentar o teatro e unha cidade que non coñecía.