Rede Nasa

Combina los criterios de búsqueda para encontrar el material que estás buscando


Vídeo
Insertar

#Chévere3_0 Pequenas historias para contar grandes momentos: Cielo

Este ano cumprimos tres décadas! Para facer memoria do que foi Chévere ao longo destes anos, cedemos a palabra a quen mellor pode facelo: o público. Persoas de varias xeracións falan da súa relación con Chévere, lembran como coñeceron ao grupo, que sentiron ao ver algunhas das obras, que relación teñen coas súas vidas...

A Cielo levouna a súa irmá a unha Ultranoite e desde entón xa non falla a ningunha. Ademais, sempre está levando xente nova. Ela é enfermeira e trata de empatizar cos pacentes, e vendo as Ultranoites aprendeu que no escenario os actores e actrices o que fan sobre todo é empatizar para construír os personaxes.