Rede Nasa

Combina los criterios de búsqueda para encontrar el material que estás buscando


Vídeo
Insertar

#Chévere3_0 Pequenas historias para contar grandes momentos: Catalina

Este ano cumprimos tres décadas! Para facer memoria do que foi Chévere ao longo destes anos, cedemos a palabra a quen mellor pode facelo: o público. Persoas de varias xeracións falan da súa relación con Chévere, lembran como coñeceron ao grupo, que sentiron ao ver algunhas das obras, que relación teñen coas súas vidas...

Catalina é unha extremeña de pura cepa que chegou á Mariña lucense a finais dos setenta e aí segue. É tamén unha cheveriana ata a médula, unha das persoas que máis cousas pode contar de Chévere porque acompañou ao grupo en infinidade de aventuras e viu todo o que fixo e quizais algo máis.