Este ano cumprimos tres décadas! Para facer memoria do que foi Chévere ao longo destes anos, cedemos a palabra a quen mellor pode facelo: o público. Persoas de varias xeracións falan da súa relación con Chévere, lembran como coñeceron ao grupo, que sentiron ao ver algunhas das obras, que relación teñen coas súas vidas...
Suso coñeceu a Chévere cando veu estudiar á Universidade de Santiago a comezos dos 90. Cóntanos que aínda conserva unhas plumas que lle caeron enriba durante a estrea de Río Bravo e como foi escollido nun cásting a pe de rúa para participar en Acibeche, o principio dunha longa amizade espectador-artista que chegou ata a actualidade.