Este ano cumprimos tres décadas! Para facer memoria do que foi Chévere ao longo destes anos, cedemos a palabra a quen mellor pode facelo: o público. Persoas de varias xeracións falan da súa relación con Chévere, lembran como coñeceron ao grupo, que sentiron ao ver algunhas das obras, que relación teñen coas súas vidas...
Cristina Fuentes é da Coruña e a primeira obra que viu de Chévere foi Testosterona. Cando entrou na sala sorprendeuna atopar que o teatro non estaba onde estaba habitualmente, que o escenario non estaba no escenario e que asistiu a unha auténtica transformación, que foi testemuña dunha metamorfose total dos personaxes.