Este ano cumprimos tres décadas! Para facer memoria do que foi Chévere ao longo destes anos, cedemos a palabra a quen mellor pode facelo: o público. Persoas de varias xeracións falan da súa relación con Chévere, lembran como coñeceron ao grupo, que sentiron ao ver algunhas das obras, que relación teñen coas súas vidas...
Asun leva vendo as obras de Chévere desde a súa mocidade e agora que ten unha filla adolescente, tratou de contaxiarlle ese gusto polo teatro. Custoulle, pero cóntanos como as obras de Chévere serviron para que esa filla acabase por atoparlle o gusto ao teatro.