As Raíñas Magas Pasaron Polo Hospital / O Saxofonista da Rúa Vella
Elena Vázquez Ledo. Violín; Xacobe Lamas. Violín: Mª José Pámpano. Viola: Macarena Montesinos. Violoncello: Pablo Pérez. Contrabaixo; Ariel Ninas. Zanfona: Marcos Padrón. Acordeón; David Santos. Baixo eléctrico; Pablo Rega. Guitarra eléctrica; MIG. Guitarra eléctrica; Xavi Souto. Guitarra eléctrica; Quique Otero. Teclados; Madammecell. Piano; Fernando Abreu. Clarinete, clarinete baixo; Pablo Sax. Saxo tenor, saxo alto; Chefa Alonso; Saxo soprano; Miguel Trompy. Trompeta; Javier López. Frauta; Xesús Valle. Computadora; María Move. Voz; POP. Voz, obxectos sonoros; Carlos Castro. Vibráfono, percusión; LAR Legido. Batería; Patxi Valera. Batería
Un ano mais chega o Concerto de Nadal da O.m.e.ga. A Orquestra de Música Espontánea de Galicia naceu dentro da programación regular de Sesións Vibracionais do TPS, Centro de Novas Tecnoloxías do Pico Sacro, en marzo do 2007 na Sala NASA de Compostela. Trátase dun proxecto colectivo de mais dunha vintena de músicos galegos de moi diversa procedencia estilística, reunidos para traballar regularmente no eido da música improvisada baixo conducción xestual. Un músico director/a emite unha linguaxe de sinais prefixada que o resto de músicos deben interpretar en tempo real nunha retroalimentación constante sustentada na atención mutua, nos procesos individuais de toma de decisións, na incertidume do instante e na confianza plena no proceso.
Sexan benvidos, por favor acomódense nas cadeiras sonoras da Nasa, dispóñanse para viaxar e deixarse sorprender pola diversa paleta de estilos musicais despregados e pola variada riqueza tímbrica, sonora e dinámica dun conxunto experimental que se comporta como unha entidade orgánica.
-
(17:00h.)