Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Mercar entradas para un espectáculo

  • Os da Ría

    GRAN CONCERTO presentazón do 'Disco díscolo' dos da Ría

    Despois de moitos ans de xoldras e xirimías enriba dos esceairios e, ás veces, embaixo deles, os da Ría, dempois da súa ira de despedideira senlleira que eisí dure moitos ans, apresentan,  por fin, o seu 'disco díscolo', con todos os xites que coverteron estes dous trangalleiros nos auténticos mitos da cantarela livián galegueira. Se callar estamos a falar do concerto do século....

Compra de entradas

Lee este texto antes de mercar as entradas!!!

Para mercar as entradas en internet só precisas ser o titular dunha tarxeta de crédito (VISA, Master, JCB, 6000, ou calquera tarxeta de La Caixa) e cubrir todos os datos que che pedimos deseguido.

Despois debes seguir todas as indicacións do programa de compra de La Caixa ata chegar á pantalla de ENTRADA VIRTUAL, que debes imprimir e presentar na billeteira para retirar as entradas.

Podes recoller as entradas na billeteira dende 1 hora antes do comezo das actuacións.

A venda en internet está activa normalmente ata ás 15,00h. do propio día da función, sempre que sexa un día laboral.

Se mercas entradas con dereito a autobús para a Ultranoite, tes que presentar o resgardo da entrada para acceder ao bus. A hora de saída será sempre 45 minutos antes da hora de comezo da función.

10.00 €