Rede Nasa
Mercar entradas para un espectáculo
-
Despois do éxito acadado pola Ultranoite na súa recente incursión na Coruña, agora en novembro volve ao seu espazo natural no auditorio da Ramallosa (Teo) para confirmar as complicidades establecidas co seu público de sempre. A Ultranoite transporta música ao vivo, humor irreverente, teatro feito a pé de rúa, onde a espontaneidade e a improvisación faise con alevosía e...
Compra de entradas
Lee este texto antes de mercar as entradas!!!
Para mercar as entradas en internet só precisas ser o titular dunha tarxeta de crédito (VISA, Master, JCB, 6000, ou calquera tarxeta de La Caixa) e cubrir todos os datos que che pedimos deseguido.
Despois debes seguir todas as indicacións do programa de compra de La Caixa ata chegar á pantalla de ENTRADA VIRTUAL, que debes imprimir e presentar na billeteira para retirar as entradas.
Podes recoller as entradas na billeteira dende 1 hora antes do comezo das actuacións.
A venda en internet está activa normalmente ata ás 15,00h. do propio día da función, sempre que sexa un día laboral.
Se mercas entradas con dereito a autobús para a Ultranoite, tes que presentar o resgardo da entrada para acceder ao bus. A hora de saída será sempre 45 minutos antes da hora de comezo da función.