Rede Nasa
Eroski Paraíso
Eroski Paraíso
Eroski Paraíso é a nova produción de Chévere para 2016-17, a primeira logo de recibir o Premio Nacional de Teatro. Un traballo que explora a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación dos afectos dentro da comunidade dunha pequena vila galega a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990, convertida agora nun supermercado Eroski.
-
Eroski Paraíso en dFeria
Eroski Paraíso presentouse o 7 marzo en dFeria, a Feira das Artes Escénicas que se celebra anualmente en Donosti. Chévere foi a única compañía galega presente na feria e colleitou moi boas críticas co seu novo espectáculo.
dFeria celébrase anualmente dende o ano 1988, e constitúe a estas alturas un referente para todo o Estado no sector das artes escénicas. Este ano, a feira recolleu os traballos dun total de 30 compañías, das cales o 37% procede de Euskal Herría, o 40% do Estado Españo el o 23% do estranxeiro.
Tamén no contexto de dFeria, Xesús Ron, director artístico de Chévere, ofreceu ao día seguinte un relatorio-obradoiro sobre prácticas de mediación na contorna dunha compañía residente.
Fai login ou rexístrate para poder comentar