Rede Nasa
Eroski Paraíso
Eroski Paraíso
Eroski Paraíso é a nova produción de Chévere para 2016-17, a primeira logo de recibir o Premio Nacional de Teatro. Un traballo que explora a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación dos afectos dentro da comunidade dunha pequena vila galega a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990, convertida agora nun supermercado Eroski.
-
Chévere remata en Sevilla a xira de Eroski Paraíso coas entradas esgotadas
O Teatro Central de Sevilla acolle esta fin de semana as dúas funcións que pecharán a xira de Eroski Paraíso, o primeiro espectáculo de Chévere logo de que a compañía gañase o Premio Nacional de Teatro no ano 2014. As entradas están xa esgotadas tanto para a función do venres 23 como para a do sábado 24.
Eroski Paraíso estreouse en Muros en marzo de 2016, e leva percorridos os escenarios de máis de 60 cidades e vilas do estado español. Así, o espectáculo puidose ver en Donostia/San Sebastián, como parte de DFeria, en Valencia, no marco do festival Tercera Setmana, en Ribadavia, como parte da MIT e en Alicante, con motivo da Muestra de Teatro Español de Autores Contemporáneos.
Eroski Paraíso pasou tamén por teatros como Las Naves del Español-Matadero Madrid, en Madrid, o teatro Alhambra de Granada, o teatro Bretón de los Herreros de Logroño, o teatro Rialto de Valencia e o Teatro del Mercado de Zaragoza, así como por un total de 36 teatros de toda Galicia.
Recentemente, a editorial Kalandraka publicou o texto do espectáculo, dentro da súa colección Biblioteca de Teatro.
Fai login ou rexístrate para poder comentar