Rede Nasa
Eroski Paraíso
Eroski Paraíso
Eroski Paraíso é a nova produción de Chévere para 2016-17, a primeira logo de recibir o Premio Nacional de Teatro. Un traballo que explora a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación dos afectos dentro da comunidade dunha pequena vila galega a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990, convertida agora nun supermercado Eroski.
-
Encontros inesperados no barrio de Lavapiés: Tonino e Piluka
Lavapiés é a nosa casa en Madrid. Estamos instaladas na rúa Olivar e alí mesmo baixando cara a praza fixemos noso un bar que fai esquina, bodegas LoMáximo, unha expresión que nos apropiamos hai algún tempo e que sae en todas as obras de Chévere. Neste lugar atopamos a Tonino, si Tonino Carotone, e a Piluka Aranguren, que os mércores convértense en anfitrións dunhas singulares sesións de boleros moi recomendables. Os bares, os boleros, ser-lo-máximo e o feito de ter usado unha canción súa para abrir o espectáculo de Goldi Libre sobre o movemento de insubmisión foron coincidencias que non puidemos deixar pasar e que fixeron que este encontro entre Chévere, Tonino e Piluka pasase a formar parte do noso catálogo de complicidades. Un bico moi forte para os dous! Viva a República Multicultural de Lavapiés!
3 comentarios
Fai login ou rexístrate para poder comentar