Rede Nasa
Eroski Paraíso
Eroski Paraíso
Eroski Paraíso é a nova produción de Chévere para 2016-17, a primeira logo de recibir o Premio Nacional de Teatro. Un traballo que explora a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación dos afectos dentro da comunidade dunha pequena vila galega a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990, convertida agora nun supermercado Eroski.
-
Pase especial en MadFeria e estrea nas Naves do Español coa Sala Max Auba chea!
Chegou o día, ou os días. En Madrid fixemos dúas estreas. Unha foi un pase especial para profesionais acreditadas en MadFeria, a feira de artes escénicas que se celebra estes días en Madrid. O remate da función foi emocionante, nunca antes víramos aplaudir posto en pé a un público formado maioritariamente por programadores e programadoras procedentes de moitas partes de España. Despois de encaixar esta experiencia única e enormemente gratificante, ao día seguinte fixemos a estrea oficial dentro da programación do Teatro Español cunha sala absolutamente chea. Quédannos por diante tres semanas de teatro.
Fai login ou rexístrate para poder comentar