Rede Nasa
Eroski Paraíso
Eroski Paraíso
Eroski Paraíso é a nova produción de Chévere para 2016-17, a primeira logo de recibir o Premio Nacional de Teatro. Un traballo que explora a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación dos afectos dentro da comunidade dunha pequena vila galega a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990, convertida agora nun supermercado Eroski.
-
Práctica teatral para homes maiores de 65 anos vencellada a Eroski Paraíso, Matadero-Madrid 29 novembro
Chévere organiza en Matadero-Madrid un obradoiro dirixido a homes maiores de 65 anos, co obxectivo de incorporar a un dos participantes ao elenco da obra durante a tempada que a compañía realizará na Sala Max Aub, nas Naves do Español, en xaneiro de 2017. O obradoiro terá lugar o martes 29 de novembro, entre 10,00h. e 14,00h. Aquí tedes toda a información.
A idea é establecer unha relación de colaboración con grupos de teatro afeccionado, colectivos de persoas maiores, asociacións veciñais e calquera persoa maior de 65 anos do barrio que estea interesada. Convidalas a realizar unha práctica teatral co grupo Chévere, a partir dos materiais que se utilizaron para construír Eroski Paraíso. E entre as persoas participantes, escoller a aquela que mellor se adapte ao perfil do personaxe e que teña interese e posibilidade real de incorporarse como actor á montaxe. A compañía fará un contrato de actor a esta persoa para participar nas funcións programadas en Matadero. Esta práctica teatral adoptará a forma dun obradoiro, con participación de Xesús Ron e Patricia de Lorenzo.
Fai login ou rexístrate para poder comentar