Rede Nasa
Eroski Paraíso
Eroski Paraíso
Eroski Paraíso é a nova produción de Chévere para 2016-17, a primeira logo de recibir o Premio Nacional de Teatro. Un traballo que explora a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación dos afectos dentro da comunidade dunha pequena vila galega a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990, convertida agora nun supermercado Eroski.
-
Todas as datas da xira 2016 de Eroski Paraíso
Xa temos confirmada case totalmente a xira de Eroski Paraíso durante os vindeiros meses. Serán unha chea de funcións por toda Galicia, e teremos oportunidade de actuar nalgúns sitios por onde había moito tempo que non pasábamos. Para que vaiades gardando as datas, ímosvos contando.
A vindeira función será no concello de Cariño, dentro da Mostra de Teatro Galego, que este agosto celebra a súa edición número 38. Se andas por aí, poderás vernos o día 19 ás 22.00 h. no Teatro Municipal. Posteriormente, no mes de setembro, faremos parada en Narón, o día 17, e en Boiro o día 30. (segue lendo picando no título)
Ao longo do outono e o inverno seguiremos actuando por distintas vilas e cidades galegas, por esta orde: Tui, Vimianzo, Oleiros, Serra de Outes, Cambados, Ames, Viveiro, Arteixo, Vilagarcía, O Barco, Santiago de Compostela, Pontevedra, Carballiño, Ourense... e así ata completar máis de 20 funcións, que se veñen sumar ás 21 que levamos xa ás costas dende que estreamos o proxecto no mes de marzo, a maior parte delas co aforo completo. Se xa estás pensando en vir, podes consultar as datas e horas na nosa axenda, que seguiremos actualizando durante os vindeiros meses.
Fai login ou rexístrate para poder comentar