Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Eroski Paraíso

Eroski Paraíso

Eroski Paraíso é a nova produción de Chévere para 2016-17, a primeira logo de recibir o Premio Nacional de Teatro. Un traballo que explora a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación dos afectos dentro da comunidade dunha pequena vila galega a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990, convertida agora nun supermercado Eroski.

Resultados da busca

Buscaches por TeatroDocumento
Atopamos 1 posts e 0 páxina de artista.

Un obradoiro de creación con Chévere

Durante os días 21 e 22 de decembro de 2015, Chévere oreceu un obradoiro de prácticas de creación escénica dirixido a actrices e actores novos. A intención era abrir un espazo de interacción, transmisión de coñecementos e diálogo interxeracional, pero tamén seleccionar un actor ou actriz de menos de 26 anos para a nova produción de Chévere. A convocatoria realizouse fundamentalmente por medio das redes sociais, pero puxémonos tamén en contacto con escolas de teatro, grupos de teatro afeccionado e medios de comunicación.