Rede Nasa
Eroski Paraíso: o filme
Eroski Paraíso: o filme
Eroski Paraíso naceu como unha obra de teatro creada por Chévere que agora, tres anos despois, se convirte nunha longametraxe. Nela nárrase a rodaxe dun documental que Álex, unha cineasta nova, está filmando nun decorado onde se superpoñen a antiga discoteca Paraíso e o actual supermercado Eroski. Este é o retrato dunha xeración que o tiña todo ao alcance da man pero que camiñou pola vida coma se percorrese o corredor dun supermercado.
-
Eroski Paraíso estréase en Cineuropa
Logo dunha longa espera, chegou o día da estrea de Eroski Paraíso. Foi o pasado 24 de novembro no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, no marco do festival Cineuropa.
O filme, que se proxectou nunha sala case chea a pesar do seu gran tamaño, foi frecuentemente interrumpido polas risas do público e ao rematar recibíu unha longa tanda de aplausos. Posteriormente, Jorge Coira, Xesús Ron, Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira e Cris Iglesias participaron nun animado coloquio co público.
Fai login ou rexístrate para poder comentar