Rede Nasa
Anatomía dunha serea
Anatomía dunha serea
Anatomía dunha serea é unha peza de teatro documental construída sobre a memoria e a experiencia persoal da actriz Iria Pinheiro como muller, como nai e como vítima da violencia obstétrica. Trátase ademais dunha obra de teatro autobiográfica e con carácter testemuñal, pois a voz en primeira persoa da protagonista é tamén o testemuño directo de alguén que viviu os sucesos e acontecementos reais que se contan na obra.
-
Adriana Páramo Pérez únese á equipa!
Recibín un mail que non agardaba, foi unha sorpresa emocionante ver que unha rapaza que vive en Londres quería vir a seguir o noso proceso creativo de perto. Copio a continuación o seu mail pois penso que é a mellor presentación que pode ter:
Chámome Adriana Páramo e son realizadora audiovisual e cineasta, e vivo en Londres dende hai 10 anos.
Xustamente hoxe lin un artículo sobre o teu novo proxecto 'Anatomía dunha serea', e me pareceu moi interesante, sobre todo porque estou facendo un doutoramento co que quero explorar temas tabús ao redor da maternidade. Encantaríame quedar contigo e que falemos dos nosos proxectos. Cóntoche un pouco en liñas xerais de que vai o meu doutoramento.Estou facendo un doutoramento práctico en técnicas documentais no que exploro o proceso creativo da actriz, e como estes procesos están enmarcados ou non en estruturas patriarcais. Nos últimos seis meses montei un 'experimento' no que gravei a 3 parellas de director-actriz traballando no mesmo texto e investigando sobre a súa relación creativa e sobre cuestións de xénero.
Agora estou entrando nunha segunda fase do meu doutorado, no que dentro da mesma premisa, quería ter un tema máis concreto, e por eso estou empezando a investigar historias -tabús- ao redor da maternidade (ou ausencia dela).
Supoño que todo isto pode soar confuso, por eso me encantaría poder conversar contigo e incluso propoñer se che parecería ben que seguise os teus procesos de ensaio.
Adriana empezou a gravar como escribiamos o guión e volverá en setembro para rexistrar coa súa cámara os ensaios.
Esta é a súa web: http://aparamoperez.wixsite.com/adrianaparamo
Fai login ou rexístrate para poder comentar