Rede Nasa
Anatomía dunha serea
Anatomía dunha serea
Anatomía dunha serea é unha peza de teatro documental construída sobre a memoria e a experiencia persoal da actriz Iria Pinheiro como muller, como nai e como vítima da violencia obstétrica. Trátase ademais dunha obra de teatro autobiográfica e con carácter testemuñal, pois a voz en primeira persoa da protagonista é tamén o testemuño directo de alguén que viviu os sucesos e acontecementos reais que se contan na obra.
-
Masterclass en Luna de Brigantia
Carmen Amorín e Marta Bermúdez son as matronas que compoñen Luna de Brigantia(http://lunadebrigantia.com/). Elas estiveron neste proxecto desde os comezos, xa non só aportando os seus coñecementos obstétricos para a creación da peza senón que tamén exerceron como matronas no caso concreto de Iria á hora de tratar a cicatriz da episiotomía que lle fixeron no parto.
Neste día de xullo fomos ao seu centro a recibir unha clase de preparación ao parto, a aprender os mecanismos do mesmo para entendelo mellor e poder explicalo no escenario. Falamos de ósos, músculos, hormonas naturais e sintéticas...tamén experimentamos posturas e masaxes relacionadas co nacemento. Reflexionamos sobre o que se fai e o que se debería de facer. Foi unha mañán intensa na que descubrimos moitas cousas de primeira man.
Fai login ou rexístrate para poder comentar