Rede Nasa
Anatomía dunha serea
Anatomía dunha serea
Anatomía dunha serea é unha peza de teatro documental construída sobre a memoria e a experiencia persoal da actriz Iria Pinheiro como muller, como nai e como vítima da violencia obstétrica. Trátase ademais dunha obra de teatro autobiográfica e con carácter testemuñal, pois a voz en primeira persoa da protagonista é tamén o testemuño directo de alguén que viviu os sucesos e acontecementos reais que se contan na obra.
-
Entrevista a Tirso Docampo, fisioterapeuta.
O barrio de Bouzas( Vigo) parecía Noruega aquela mañán. O verán ten estas cousas no sur do país, pero agradécese bastante cando tes que conducir na metrópole máis ruidosa do lado atlántico da Galiza.
Estaba contenta por reencontrarme con Tirso, el foi o primeiro que tocou a miña cicatriz(exteriormente) para sanala e tamén foi el quen me atendeu un mediodía sen cita cando me presentei morta de dor oito meses despois de ter parido.
Tirso pensa que ten que haber un cambio de paradigma no modelo de atención á muller e que todo é un proceso: a muller terá que ir perdendo o medo a falar do tema, haberá que dárlle unhas condicións onde poida expresarse(espazos apropiados) e o Sergas ten que educar ás mulleres e explicarlles que estes problemas pódense tratar.
Que fai a fisioterapia neste terreo?
Ocorre coma cun xogador de fútbol. Cando fan unha episiotomía cortan o músculo elevador do ano/músculo pubococígeo, entón ese músculo ten unha rotura de fibras polo que fará unha cicatriz e se fai unha cicatriz que non se estira adecuadamente vai quedar retráctil, con aderencias...perde tono... entón, faríamos con ela o mesmo que faríamos cun deportista cando ten unha lesión muscular.
O que pasa é que esa parte do corpo da muller é tabú, “Iso xa cura só”di a xente. Con todas as demáis lesións entendemos que se lles pode facilitar un mellor proceso de cicatrización e de curación, pero co chan pélvico hai reticencias.É complexo por que falando con outros fisioterapeutas dinche “ yo ahí no toco” “yo no meto la mano”. E eu dígolles “Ti imaxínate que tes unha persoa que ten unha rotura de fibras no pectoral maior, ti trataríalo? -si; pois agora cambia o pectoral maior polo pubococígeo… é un músculo igual, que fai unha unha función e que ten unha fisioloxía, unha bioloxía e unha biomecánica que non funciona e ti como terapeuta tes que indicarlle ao paciente.
Aquela mañán podemos dicir que focalizamos a anatomía da serea.
Fai login ou rexístrate para poder comentar