Rede Nasa
Anatomía dunha serea
Anatomía dunha serea
Anatomía dunha serea é unha peza de teatro documental construída sobre a memoria e a experiencia persoal da actriz Iria Pinheiro como muller, como nai e como vítima da violencia obstétrica. Trátase ademais dunha obra de teatro autobiográfica e con carácter testemuñal, pois a voz en primeira persoa da protagonista é tamén o testemuño directo de alguén que viviu os sucesos e acontecementos reais que se contan na obra.
-
Grupo de discusión na Ramallosa(Teo)
O tres de xullo de 2018 fixemos unha xuntanza no Auditorio Constante Liste (A Ramallosa) na que nos reunimos once mulleres de diferentes idades convocadas pola Berberecheira e polo CIM de Teo, a quen agradecemos enormemente a súa colaboración.
Neste grupo de discusión falamos das nosas experiencias no parto, a maternidade, a violencia obstétrica, etc. En dito contexto saíron temas colaterais coma a excesiva medicalización das mulleres no proceso do embarazo e parto, cuestións de xénero relacionadas coa institución sanitaria, a presión social cara ás mulleres co tema da maternidade ou como se paría antes na casa e por que as mulleres empezaron a ter as crianzas no hospital.
Falouse tamén de cómo mudar as cousas que non nos gustan en relación a estes temas e sobre todo sentímonos ben poñendo en común as nosas vivencias.
Agradecemos moitísimo a todas as mulleres que asistiron a súa confianza e xenerosidade, agora forman parte de Anatomía dunha serea.
Fai login ou rexístrate para poder comentar