Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo
Insertar

Xacobe Martínez Antelo sobre a lei Sinde e a música na era de Internet

O sábado 5 de marzo, así coa boca pequena, publicouse no BOE a lei Sinde. En xullo destapáronse os negocios escuros que a SGAE facía co diñeiro dos autores. Pero a nosa opción segue sendo o diálogo. Por iso iremos recollendo en vídeo a opinión dos creadores que pasan pola Nasa. Porque o debate de fondo é por onde pasa o futuro da creación na era de Internet.

Esta é a opinión de Xacobe Martínez Antelo, un dos músicos máis prolíficos e interesantes do jazz feito en Galicia, habitual das Ultranoites, colaborador de Chévere, Uxía Senlle, Marful...

Ti que opinas? 

3 comentarios

Marta Valderrama Botana
Marta Valderrama Botana: Discográficas, produtoras, etc. non perderán. Os artistas, tampouco (natureza distinta, certo é; mais nom perden). O pulo haberá que dálo xusto no diálogo, para que da conversión de inxesta e consumo online xurdan novas tendas/espazos de música, novas salas de cine(-matógrafo?jaja) e novas livrarías, até sen livros; espazos de encontro e alter-consumo, que lle dean ao on-line a súa faciana, de consumo, si, claro, mais humana e...de acción-creac-ción?
Grande, Xacobe! Agardo verte en breve nun concerto.
Grazas
|
Xacobe Martínez Antelo
Xacobe Martínez Antelo: é certo, temos pendente un café con Xan... apertas compañeira....
|
andrea
andrea: Eo eoé! moibien, voullo pasar ao pater que xa sabes que ten grande interese no tema...
|