Ela é máis ou menos alta, guapa, bueno atractiva, loira, un bo formato, unha desas persoas que ves pola rúa e non podes deixar de mirar porque queres saber por que non a podes deixar de mirar, seguro que cociña ben, non é que quera coñecela, daríame preguiza, máis ben téñolle unha especie de medo, creo que ten todo o que eu non teño, é perfecta.
Helen Bertels (Kottbus, Alemaña, 1978) fálanos da súa peza Wir Frauen, que representou na Nasa en xuño de 2011 dentro do ciclo Redenasa.danza.