Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo
Insertar

Victor Nubla: Antichton System

Victor Nubla é un músico catalán que leva desde os anos oitenta explorando as posibilidades sonoras da electrónica. Nós coñecímolo hai 25 anos cando visitou Compostela por vez primeira con Macromassa, para participar nunhas xornadas de creación multimedia celebradas no mítico Número K. No ano 2001 actuou na Zona Alternativa da NASA co seu proxecto en solitario Antichton, ao que pertence este vídeo.