Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo
Insertar

Xosé Manuel Olveira Pico

Hai noticias inevitables, que non queres que cheguen e evitas nos teus pensamentos, como se non pensar nelas fose razón abonda para se demorar sen data ou para se perder por calquera camiño de volta. Pero sempre chegan, porque a realidade é sempre máis dura e implacable ca o teatro. Morreu Pico. Morreu un actor dos grandes, un compañeiros dos bós, unha persoa das que pagan a pena e o escenario e a pantalla tardarán en encher o baleiro que deixa. Pero a súa presencia, a súa voz e a súa mirada permancen no corazón e no imaxinario de moita xente que ama o teatro e o cine.

No arquivo de Redenasa.tv atopamos unha das súas aparicións no escenario da Nasa, acompañado por Carlos Blanco e Xurxo Souto e con Xavier Huana ao piano, facendo esta peculiar versión dunha canción de Manolo Mirás na Ultranoite Ultragalega celebrada en xaneiro de 1995. Gustaríanos compartila hoxe con vós para lembrar así a Pico, sobre un escenario, cantando.

3 comentarios

Xabier
Xabier: Xa van aló quince anos...
|
joseces
joseces: Mólame este video
|
doramar
doramar: Os que amamos o teatro o botaremos moito en falta. Lembroo interpretando Ricardo III, con aqueles calzóns blancos, mesmo así estaba INMENSO!!!
|