Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo
Insertar

Antoloxía da Ultranoite, os días 8, 9, 15, 16, 22 e 23 de setembro

Coincidindo co 30 aniversario de Chévere e o 25 aniversario da apertura da Sala Nasa que se celebran este ano, imos facer tamén unha paradiña na historia da Ultranoite para recrearnos xunto ao público nalgún deses números irrepetibles que seguen aniñando nas nosas fráxiles memorias. É un reto para a propia Ultranoite, que sobrevive desde entón instalada na potencia ilimitada da actualidade, a improvisación e a complicidade máis espontánea.

Desta vez a Ultranoite esténdese ao longo de tres fins de semana do mes de setembro ata despedírmonos do verán: venres 8, sábado 9 / venres 15, sábado 16 / venres 22, sábado 23. A hora de comezo será sempre ás 22,00h.

Podes mercar aquí as entradas SEN ULTRABÚS e aquí as entradas CON ULTRABÚS, que fará o percorrido de ida e volta entre a Ramallosa e Santiago. As entradas tamén están xa dispoñibles en A Santa Sede (Ramallosa), A Senra (Pontevea), A Capilla (Calo), Panadaría San José (Cacheiras) e bar El Muelle (Compostela).