Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo
Insertar

Tony Lomba & Elio dos Santos

Tony Lomba&Elio dos Santos foron unha das debilidades da Nasa e sempre tiveron un oco na programación, cando eles quixeron. Aquí os temos no escenario da Nasa no ano 2000, inconfundibles, cantando a Tom Waits in Marin e a J. Goñi o líder de Revólver. Tony é un auténtico showman, cunha capacidade camaleónica para adaptarse a calquera estilo, a calquera textura de voz e con Elio forma a mellor parella posible. De feito, cando a Nasa reabriu as súas portas o 1 de xaneiro de 1998 despois dunha profunda reforma, convidamos aos Tres Sudamaricones para pechar aquela festa de fin de ano irrepetible. E cando celebramos os 15 anos da Nasa foron Tony e Elio os que puxeron o peche a 15 horas ininterrompidas de actuacións.