Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


publico finalpublico finalpublico finalpublico finalpublico finalpublico finalpublico finalpublico final
  • Anterior
  • Seguinte
Fotos
Insertar

Teatro nos escaparates de Ribadeo contra a violencia de xénero

O domingo 16 de novembro Chévere presentou en diversos escaparates de Ribadeo unha serie de intervencións teatrais para sensibilizar á veciñanza sobre a necesidade de loitar para a eliminación da violencia machista contra as mulleres. Foi unha mañá de chuvia e vento, pero o teatro aliouse coa apertura dos comercios para convocar a varias ducias de persoas que seguiron o roteiro proposto: empezouse na rúa peonil frente á tenda de roupa Tu&Tu cunha peza que mostraba as dificultades dunha muller maltratada para atopar o vestido axeitado que lle cubrise as "marcas dese amor". Logo pasouse a La Moda Sport, onde asistimos a unha peza visual que trataba de mostrar como os convencionalismos sociais invisibilizan o problema dos malos tratos dentro da familia ou da relación de parella. Terceira parada en Anais, outra tenda de roupa onde acompañamos a Jeni nun concerto acústico testimonial. E todo rematou na zapatería Petite Toe cunha escena que transparentaba eses micromachismos que alimentan o potencial da violencia.

Moitas grazas ás tendas participantes e a asociación de comerciantes de Ribadeo (ACISA), pola súa acollida e colaboración. E ao concello de Ribadeo por seguir apostando polo teatro e a cultura como instrumentos de comunicación social.