Cando xa caía a tarde sobre os montes do Courel, O Retrete de Dorian Gray ofreceu o seu espectáculo "Ne me quitte pas" na Aira de Baixo, na aldea de Froxán, dentro da 2ª Festa Revolta.
2ª Festa Revolta no Courel
Aquí atoparás todo xunto o material que temos disponible da 2ª Festa Revolta que se levou a cabo na aldea de Froxán, no Courel, os días 10 e 11 de agosto de 2012. Fotografías, vídeos, textos..., que documentan o que aconteceu.
A Festa Revolta é unha xornada de loita festiva en solidariedade cos colectivos do Courel que están a defender a serra contra a ameaza de espolio e destrución patrimonial, e que seguen reivindicando a creación do Parque Natural do Courel. Queremos apoiar a toda esa xente, veciños, veciñas, amigos e amigas que traballan na elaboración de estratexias para acadar un desenvolvemento sostible que evite o despoboamento e perda dos valores naturais e culturais dunha zona de montaña que é por riba de todo un ben común que debemos preservar para as xeracións futuras.
Teatro de obxectos na Aira de Baixo
Gústalle(s) a 2 persoas
Fai login ou rexístrate para poder comentar