Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Ensaio e proba diante da casaControl técnico baixo unha árboreCadeiras pola hortaO público esperando o inicio da obraAs actrices antes de empezarEmpeza a obravisión xeral da casa de MariñánActuandoO públicoMerendola e conversa
  • Anterior
  • Seguinte
Fotos
Insertar

Teatro a pé de aldea coas Fillas Bravas

O mércores 23 de xullo representouse a obra As Fillas Bravas nunha casa da aldea de Solleiros (Esteiro, Muros) para un grupo de veciñas e despois compartimos un tempo de lecer, conversa e comida en clave feminina.

Trátase dunha iniciativa para achegar o teatro profesional a zonas rurais, feita en colaboración entre a consultora Promove e a compañía de teatro Chévere e que contou coa participación e apoio das veciñas e veciños de Solleiros. 

Recuperar o valor do teatro como lugar de encontro, convivencia e debate público. Establecer unha conversa aberta entre creadoras e veciñas. Reinventar os espazos e os circuítos para o teatro. Reinventar os espazos de lecer das mulleres. Crebar as fronteiras entre o público e o privado. E ademais, neste caso, contrastar cun grupo de mulleres maiores os contidos e argumentos dunha obra de teatro que utiliza o cancioneiro popular galego para expoñer un modelo empoderado de muller, vencellado á vivencia do mundo rural.

A experiencia foi moi produtiva e satisfactoria, toda a xente saiu pensando xa na próxima. Abríronse novos xeitos de vivir o teatro e de facelo circular fóra dos circuítos establecidos, facéndoo accesible a novos públicos.

1 comentarios

Javier Abraldes
Javier Abraldes: ¡qué bueno!
|