Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo
Insertar

Eroski Paraíso, pistas para o novo traballo de Chévere

Eroski Paraíso é o título da nova obra de Chévere, que se estreará en marzo. Como outras pezas da compañía, Eroski Paraíso é o resultado dun proceso de procura de varios meses que logo se concreta no local de ensaio. Nesta ocasión, a historia apareceu na sala de festas Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990. Alí coñecéronse Eva Martínez e Antonio Formoso en 1989, como tantas outras parellas da zona. Ela tiña 19 anos, el 25. A súa filla Alexandra (Alex) naceu ao ano seguinte, cando pechou a Paraíso. Logo marcharon e andaron a tombos dun lado a outro. Vinteseis anos despois atopamos a Eva traballando no supermercado que abriron no mesmo local que ocupaba a sala de festas. E Alex volve a Muros para facer unha película sobre os seus pais, sobre a distancia que as súas vidas abriron entre aquel paraíso e este supermercado, un retrato do desarraigo vital de toda unha xeración. Eroski Paraíso tamén é o título da súa película. E este é o avance que nos manda.