Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo
Insertar

Eroski Paraíso, unha comedia documental de Chévere en xira no 2017

Eroski Paraíso é a primeira produción da compañía Chévere despois de recibir o Premio Nacional de Teatro. No primeiro ano en xira desde a súa estrea acadou as 66 funcións e foi vista por 17.000 persoas en 33 localidades de 5 comunidades autónomas, converténdos nun dos espectáculos galegos máis visto dos últimos anos. En 2017 seguirá en xira, con actuacións previstas en Albacete, Zaragoza, Granada, Sevilla, Alcalá, Basauri, Eibar, Ponferrada, Vilareal...

Eroski Paraíso é unha comedia documental que explora a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación das relacións dentro dunha pequena comunidade da costa galega a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990, e que pouco despois foi convertida nun supermercado Eroski, un feito que, mudando os nomes, repítese en infinidade de lugares.


A obra aliméntase do innato sentido do humor de Chévere, profundizando nunha perspectiva crítica da realidade contemporánea e explorando novas zonas de intersección entre a linguaxe cinematográfica e o teatro. Planeada como unha rodaxe dunha película documental, Eroski Paraíso retrata o desarraigo que arrastrou a unha parte da nosa sociedade fóra da súa casa, da súa paisaxe, da súa fala, dos seus costumes, dos seus afectos, da súa comunidade de orixe e da súa propia memoria. Porque o paraíso prometido polo Estado de Benestar en realidade ten a forma dun supermercado.

Durante o primeiro trimestre de 2017 podes ver a obra nestes escenarios:

Teatro Principal, Ourense, 13-14 xaneiro

MadFeria, Feria Artes Escénicas de Madrid, 18 xaneiro

Sala Max Aub, Naves del Español en Matadero, Madrid, 19 xaneiro a 5 febreiro (martes a domingo)

Teatro Noela, Noia, 11 e 12 febreiro

Auditorio Municipal, Vigo, 17-18 febreiro

Teatro principal, A Estrada, 3 marzo

Teatro Circo, Albacete, 4 abril

Aula Municipal Cultura, Betanzos, 22 abril

Centro Cultural Avenida, A Rúa, 30 abril

 

Durante o outono 2016 podes ver a obra nalgún destes escenarios:

Pazo da Cultura, Narón, 17 setembro

Casa da Cultura, Boiro, 30 setembro

Teatro Área Panorámica, Tui, 7 outubro

Auditorio Casa da Cultura, Vimianzo 8 outubro

Casa a Cultura, Picota-Mazaricos 15 outubro

Pazo da Cultura, Carballo 21 outubro

Auditorio Gabriel García Márquez, Oleiros 22 outubro

Casa da Cultura, Outes 29 outubro

Auditorio Municipal da Xuventude, Cambados 30 outubro

Casa da Cultura, Bertamiráns-Ames 11 novembro

Teatro Pastor Díaz, Viveiro 12 novembro

Centro Cívico Cultural, Arteixo 18 novembro

Auditorio Municipal, Vilagarcía 26 novembro

Teatro Lauro Olmo, O Barco 2 decembro

Teatro Principal, Santiago de Compostela 8, 9, 10, 11 decembro

Teatro Principal, Pontevedra 15 decembro

Auditorio Municipal, Carballiño 23 decembro

 

 

1 comentarios

Javier Abraldes
Javier Abraldes: El 15 de Diciembre estaremos en el Teatro Principal de Pontevedra.
|