Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo
Insertar

Curva España, a nova produción de Chévere, estréase na MIT de Ribadavia o 25 de xullo

Este xoves día 25 presentamos na MIT de Ribadavia Curva España, o novo espectáculo no que Chévere leva traballando dende hai meses. Curva España trata sobre un crime aparentemente sen resolver, unha morte violenta que provoca sospeitas e interrogantes sobre os seus autores, motivacións e consecuencias. A partir da existencia de distintas versións sobre o caso, artellamos unha peza que bebe do xénero policial, ironiza sobre o formato documental combinando teatro e cine en directo e funciona como unha alegoría da construción do estado nación español coma se fose a promesa dun tren que nunca chegou.

Podes ver as vindeiras funcións de Curva España aquí.