Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo

Eurozone Chévere

Chévere cumpriu todo un reto en 2013 con Eurozone. Unha ambiciosa produción con 8 intérpretes en escena, que chegou ás 50 representacións, con case 7.000 espectadores e que fixo tempada en Madrid durante un mes no Teatro Valle Inclán do CDN. Aquí publicamos unha serie de vídeos do traballo en proceso da obra que Chévere estreou en febreiro de 2013. Eurozone trata sobre a crise, sobre Europa, sobre nós. Buscando unha explicación ao que está sucedendo decidimos establecer un paralelismo entre Reservoir Dogs, a peli de Tarantino, e a crise de soberanía en Europa. Probar a cambiar matóns por políticos e a ver que pasa.

  • Anterior
  • Seguinte
Insertar

Son estas as marcas que deixa a prima de risco?

Retomamos os ensaios e fixemos as probas de maquillaxe para amosar as pegadas desta guerra financeira na cara dos nosos protagonistas. Tratan de convencernos de que a economía é un arma limpa que non deixa marca nas súas vítimas, pero ao mellor non é así, e a prima de risco é como unha ferida na cella, o PIB como un nariz roto, o déficit como un disparo no estómago e a política de austeridade como un xenocidio...