Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Sexo, mentiras e códices calixtinos, catro maneiras de empezar a mesma historia

Deixámosvos aquí o inicio dos catro relatos que compoñen esta historia, para que poidades imaxinar por onde pode ir cada un dos catro personaxes cando se pechen nas habitacións da Regadeira de Adela o vindeiro mércores. Por suposto, calquera achega será ben recibida, que isto é un traballo en proceso e nestes días andamos dándolle voltas a case todo o relacionado con él e o conto pode cambiar moito.

Remedios: "Manolo é desa xente que atrae as desgracias, non sabes? Non fala, non molesta, non sabes nin que está pero... non me digas como, sempre que a cousa se empeza a poñer de marrón escuro, miras... e alí está el. Pero é así desde pequeno ¿eh? Non vaias pensar que che é de agora. Xa en Ortoño todo o mundo miraba para el cando cando desaparecía algo aquí ou alá..."

Manolo: "Fun eu, si señor. Pero non o roubei. O levei para casa que non é igual. ¿Lle dá a risa? Pois o levei para gardalo ben gardado e que non caise nas mans que non debía, que por alí pasaba xente de conducta que iba más allá de las personas. Había tempo que se perdera o control de todo ¿mentende? Así que o libro estaba mellor no garaxe da miña casa no Milladoiro que diante daquel desfile de figuríns, sendo unha tentación máis, a mayores, botando como botaba todo o mundo a man a calquera sitio, hombres incluídos..."

José Mª: "No fui yo, no. El primero en darse cuenta de la desaparición del Códex fue el técnico medievalista del archivo. Al principio pensamos si sería que alguien lo habría llevado a otro lado y aún no le había dado tiempo a devolverlo pero... después ya se nos vino el mundo encima. [···] No, no cualquiera podía cogerlo así como así, no. Yo no digo eso. Pero bueno, dentro de los límites privados del templo, la confianza en todos los trabajadores era absoluta y por consiguiente..."

O xuíz: "Ola boas. Algúns de vós se cadra oístes falar de min, seguramente en comentarios relacionados sempre coa miña profisión de xuíz. Pero non temades, hoxe non estou aquí por iso. Hoxe estou aquí para poñer a proba a outra faceta miña menos coñecida que é a de novelista..."