Poucas veces fala Chévere sobre un escenario ao remate dunha función. Pero nesta ocasión, despois de 27 anos de traxectoria recoñecida desde fora, non deixamos pasar a oportunidade de dirixirnos directamente ao público que encheu o Teatro Principal de Santiago de Compostela nas funcións de Eurozone para expresar o noso agradecemento e a nosa sensación de ter superado un pequeno trauma provocado por xente ben irresponsable e corrupta.
Moitas grazas!