Primeira parte deste monólogo escrito e interpretado por Roberto Vidal Bolaño, que ofreceremos integramente ao longo desta semana para celebrar o Día das Letras Galegas. A gravación pertence ao arquivo audiovisual de redenasa.tv e foi feita na Sala Nasa en 1999.
Sen ir máis lonxe, de Roberto Vidal Bolaño
Celebramos o Día das Letras Galegas ofrecéndovos unha pequena xoia rescatada do arquivo da Nasa, gravada no 1999: a obra Sen ir máis lonxe, de Roberto Vidal Bolaño, compañeiro de escenarios de Chévere e tertuliano da barra da desaparecida Nave de Servicios Artísticos de Santiago. Ademais, para renderlle homenaxe a Roberto, fomos cos Chévere a Vista Alegre, barrio do que era orixinario, para lembrármonos del. Agardamos que gocedes co resultado!
Roberto Vidal Bolaño: Sen ir máis lonxe (1/5)
1 comentarios
Fai login ou rexístrate para poder comentar
doramar:
Acabo de decatarme de que o saludo dos Crebinsky é unha homenaxe a Roberto, non si?