No Día Internacional da Danza rescatamos este documental realizado por Oroboro Films, a partir de catro pezas de danza feitas en Galicia en 2011. Ata a súa morte precoz no ano 2011, a Nasa tratou sempre de reservar un espazo especial para as distintas artes escénicas galegas. Así, durante os anos 2010 e 2011, o ciclo Redenasa.danza recolleu algunhas das propostas máis interesantes da danza contemporánea feitas en Galicia.